Francisca Sipriana Muñoz

Francisca naceu onde nace o río Tiscagu, por iso quizais defendelo sempre formou parte da súa vida.  Por opoñerse a instalación de tres muíños para a extracción de ouro na súa cunca, botárona do traballo. Pero isto solo a impulsou a organizarse xunto a máis de catro mil persoas que se levantaron contra a industria mineira. Recibiu ameazas, pero finalmente a empresa marchou da comunidade.

Loitadora, feminista, leva máis de 20 anos compaxinando a defensa do territorio e a defensa das mulleres. Foi fundadora do Comité Municipal de Defensa da Natureza de El Corpus, o seu municipio, e da Asociación de Comités Ecolóxicos do Sur de Honduras. Dende hai catro anos coordina tamén a Oficina Municipal da Muller, onde, entre outras cousas, acompaña as vítimas de violencia de xénero. 

Labrega, feminista, 20 anos de activismo en organizacións ambientalistas

Pero todo isto é activismo e ela ser, é labrega. Traballa con outras mulleres nunha escola de campo para a produción agroecolóxica, e cultiva xunto aos  fillos na súa horta biointensiva millo, sorgo e frijol, ademais de moitos tipos de hortalizas.

Porque as veces a loita é defensa, pero outras é procura de alternativas. Outro xeito de producir e cultivar. Outro xeito de mirar cara o territorio.

Porque ás veces para ser brava, hai que darlle tempo a terra para que comece a florecer.

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es