O proxecto
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. é un proxecto realizado por Amigas da Terra Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia coa financiación de Cooperación Galega (Xunta de Galicia) que busca, da man de mulleres activistas e defensoras da vida e da terra hondureñas e galegas, dar a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos extractivistas en Honduras e Galicia e ofrecer alternativas sustentables para acadar outros camiños de produción e consumo.
O programa xira arredor das visitas de mulleres bravas hondureñas a Galicia. Nestas viaxes artéllanse encontros entre activistas dos dous lados do Atlántico e xéranse espazos de loita común nos que propoñer, aprender unhas doutras e arrincar un cambio de paradigma.
Para conseguir estes obxectivos, o proxecto artéllase ao redor de dúas liñas de acción:
1. Crear pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres
2. Difundir o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables de aseguramento da vida. Queremos que se compartan experiencias, pero tamén ser conscientes de que non é o mesmo a loita en países como Honduras que en Galicia.
Edicións

Edición III (2025-2026)
A terceira edición trouxo a tres mulleres de Honduras que, unha vez máis, participaron en encontros con colectivos e plataformas pola defensa da terra e o futuro. En marzo, as mulleres participantes foron Esther e Maigra.
Edición I (2021-2022)
Esta primeira edición xirou arredor da visita de 5 mulleres bravas hondureñas a Galicia. Tres delas (Coralia, Adolfina e Yeni) viñeron a finais de marzo-principios de abril de 2022. As outras dúas (Francisca e Leny) en maio de 2022.
Edición II (2023-2024)
A segunda edición do programa propón a viaxe de 3 mulleres hondureñas a Galicia para participar en espazos de encontro con plataformas e colectivos activistas de defensa do territorio e a economía social, e charlas en universidades. Como novidade desta fase, unha das activistas realizará unha estadía de longa duración, convivindo con diferentes mulleres labregas galegas.
Novas
O proxecto Mulleres Bravas trae a Galicia a Dilma Cruz Canales, labrega hondureña defensora da agricultura agroecolóxica e da conservación de sementes crioulas
A produtora de Moropocay chega hoxe a Galicia no marco do proxecto de Amigas da Terra e Enxeñeiras Sen Fronteiras que tende pontes entre defensoras da vida de Honduras e Galicia. Santiago, 28 de setembro de 2026. Mentres os mercados mundiais seguen apostando pola…
As Mulleres Bravas de Honduras pechan a súa visita a Galicia tras unha semana tendendo pontes entre dous territorios unidos pola defensa da vida
Maigra Guevara e María Esther Velásquez regresan hoxe a Honduras tras oito días de alianzas con organizacións galegas. Santiago, 10 de marzo de 2026. Maigra Guevara y María Esther Velásquez se marchan hoy de Galicia con las manos llenas de experiencias y los corazones…
As Mulleres Bravas de Honduras completan unha intensa semana de encontros en Galicia
Maigra Guevara e María Esther Velásquez teceron alianzas con organizacións galegas, universitarias e institucións ao longo dos primeiros días da súa visita, que continúa ata o martes 10 de marzo. Santiago, 6 de marzo de 2026. Desde que o pasado luns 2 de marzo pisaron…
Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es





