María Esther Velásquez

Esther é defensora de dereitos ambientais e das mulleres. Nai de catro fillos, en 2023 cumpriu un dos seus grandes soños ao graduarse como bacharela, e ten como meta estudar Dereito.

Desde 2006 forma parte da Rede Municipal de Mulleres Contra a Violencia de Namasigüe (RMM), da que foi cofundadora. Ao longo dos anos, o seu compromiso social foi crecendo ata convertela nunha referente na defensa dos dereitos das mulleres e do territorio:

  • É tesoureira da Xunta Directiva da RMM e membro do Comité de Crédito da Rede Rexional de Mulleres do Sur (RRMSUR), que apoia mulleres emprendedoras cun fondo rotatorio.
  • Como Promotora Legal Comunitaria, acompaña a mulleres vítimas de violencia de xénero e fai veeduría social na aplicación da Lei Contra a Violencia Doméstica.
  • É membro activa do COAMNA (Comité Ambiental de Namasigüe), onde lidera a creación de Comités de Defensa da Natureza nas comunidades.
  • Participa na Plataforma P-CAIESUR-pesca, logrando que o seu municipio se declarase libre de minería e extractivismo.
  • Fundou na súa comunidade un colexio de educación a distancia para que mozos e adultos con poucos recursos poidan estudar ata secundaria.
  • Foi rexedora municipal, presidenta do padroado da súa comunidade e candidata á alcaldía, demostrando que as mulleres tamén teñen lugar neses espazos.

Esther di que agora moitas mulleres a respectan e lle piden axuda, e que os políticos a temen porque non se cala. É, sobre todo, unha muller decidida.

Esther di que agora moitas mulleres a respectan e pídenlle axuda, e que os políticos a temen porque non cala. É, sobre todo, unha muller decidida.

Sóache esta historia?

A historia de Esther resoa con forza en Galicia, onde as mulleres do rural tamén foron historicamente as que sostiveron o territorio e, ao mesmo tempo, as máis invisibilizadas. A súa loita pola soberanía alimentaria, a defensa da auga e da terra fronte ao extractivismo, e a súa aposta pola educación como ferramenta de emancipación conecta directamente cos conflitos que viven hoxe moitas comunidades galegas: desde a resistencia fronte aos macroparques eólicos ata as protestas do sector labrego por unhas condicións dignas. Esther lémbranos que, a un e outro lado do Atlántico, son as mulleres quen sosteñen e defenden a vida no territorio.

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es