Programación 2019
Estas visitas realizáronse no marco de proxecto “Coidadoras da terra”
Outubro 2019 – Visita de Alba e Lourdes
DATA | EVENTO |
07/10/19 | Encontro aberto con Lourdes e Alba na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela. Local de ESF. |
08/10/19 | Visita campo con marisqueiras e persoal técnico na Ría do Burgo. |
08/10/19 | Visita depuradora de marisque de Oleiros |
08/10/19 | Encontro aberto con Lourdes e Alba na Escola de Enxeñería de Camiños da Coruña. |
09/10/19 | Visita á Fundación Lonxanet en A Coruña |
09/10/19 | Tarde libre para visita Coruña |
10/10/19 | Visita guiada ao Mercado de Abastos de Santiago |
10/10/19 | Visita ao Museo do Pobo Galego |
10/10/19 | Encontro aberto en Santiago. Libraría Os Mundos de Carlota (Rúa de San Pedro 52, baixo). |
11/10/19 | Visita a campo coa confradía de San Andrés de Lourizán e persoal do CETMAR e da Xunta de Galicia, para coñecer o traballo coas mariscadoras |
Crónica da visita de Alba e Lourdes. A defensa dos manglares é a defensa da vida.
Entre os pasados 6 e 11 de outubro tivemos connosco en Galicia a Alba e Lourdes, dúas mulleres hondureñas que lideran sendos grupos de mulleres marisqueiras en Isla del Tigre, municipalidad de Amapala, Honduras. Eses grupos se apoian nunha das organizacións socias de...
Novembro 2019
DATA | EVENTO |
11/11/19 | Encontro público na Libraría Os Mundos de Carlota en Santiago de Compostela |
12/11/19 | Faladoiro en Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo |
13/11/19 | Visita Museo do Pobo Galego |
13/11/19 | Palestra sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, con ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza) |
14/11/19 | Encontro con alunado no centro de formación profesional Tomás Barros en A Coruña |
14/11/19 | Encontro aberto en Coruñae presentación do documental deEntrepobos “Les llavors de Berta Cáceres”. Centro Social Cidade Vella |
15/11/19 | Visita A Coruña |
15/11/19 | Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, en A Coruña. |
15/11/19 | Visita ao Monte Neme con activistas da zona |
15/11/19 | Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova) |
16/11/19 | Visita Mina Touro-O Pino con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama |
No Results Found
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Decembro 2019
DATA | EVENTO |
09/12/19 | Paseo por A Coruña |
10/12/19 | Palestra aberta no salón de graos 2 da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña, palestra “Problemas de xestión da auga en zonas rurais. Casos de Galicia e Honduras”, onde teremos ocasión tamén de partillar con Carlos Ameijenda, (director do proxecto Life de Abegondo, concello onde hai varias experiencias moi exitosas de xestión comunitaria da auga) e Acacia Naves (profesora na Escola de Camiños, experta en hidroloxía subterránea e colaboradora de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). |
10/12/19 | Gravación do episodio 2 de ESFRadio, con Basilia e Teresa como invitadas especiais. |
10/12/19 | Na Escola Politécnica Superior de Ferrol, e dentro da semana de Dereitos Humanos que organiza a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, haberá un encontro con elas para falar da “Dereito á auga nas comunidades rurais do sur de Honduras”. |
11/12/19 | Primeiro día de visitas a campo, coordinadas por COXAPO. Comezaremos pola zona de Moaña e a nosa intención e poder visitar as comunidades de usuarios de Pálmas-Costa e Meira de Arriba aproximadamente con 400 usuarias cada unha (1200 persoas abastecidas). Posteriormente iríamos á zona de Vilaboa a visitar alguna comunidade mais pequena. Posteriormente se nos dese tempo iríamos a visitar unha traída que está renovando todas as instalación para que vexan o proceso. De camiño a Tomiño pararemos ainda nunha traída de Rebordáns, que está situado no parque natural Monte Aloia. Para rematar o día cearemos en Tomiño falando sobre como se xestionan as comunidades, por que lexislación se rixen tanto autonómica como os seus propios estatutos, etc. |
12/12/19 | Visita ás comunidades de Tomiño (primeiro concello que promoveu a autoxestión), onde naceu Coxapo, e iremos visitar dende unha comunidade moi pequeniña e aislada ( Vilachan do Monte) a comunidades como Mosteiro, Tomiño, Estás (onde está a sede de coxapo, e foi case o proxecto piloto antes de poñer o sistema en outras traídas) ou Goian, que é a mais grande con 1200 usuarios ( aproximadamente 3500 persoas abastecidas). Teremos tamén reunión de traballo para ver a viabilidade de conseguir fondos europeos e demostrar que é viable este sistema de autoxestión de abastecemento e, en moitos casos, a única vía alternativa. Estarán presentes en todo momento usuarias de comunidades de auga contando a experiencia de autoxestión. |
Participación na palestra “Experiencias en xestión comunitaria e autoxestión da auga en Galicia e Honduras” na aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela . Alí nos acompañarán tamén persoas de COXAPO, que nos darán a visión do que ocorre en Galicia. | |
14/12/19 | Encontro informal coas bases das entidades |
15/12/19 | Paseo por Santiago de Compostela. |
Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es