Quen somos

Amigas da Terra

Amigas da Terra é unha entidade ecofeminista e de cooperación ao desenvolvemento que inicia a súa actividade en Galicia en 1998. A súa misión é fomentar o cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medioambiente, xusta e solidaria. Pretende construír un mundo onde todos os seres vivos e os pobos vivan con dignidade e en harmonía coa natureza.

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común

Copartes e socias

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es