Leylis Mariela Burgos

Mariela dedícase desde nena ao curileo, oficio que lle ensinou súa nai. Vive na comunidade de pescadores “tres de febreiro”, na área protexida de Los Delgaditos, no sur do país. Mariela asegura que aprendeu a valorar a súa actividade a pesar das dificultades que conleva. A apreciar o coñecemento local das mareas, a importancia do mar, o mangle e as especies. 

Líder comunitaria, pertence á base organizada de CODDEFFAGOLF. É membro do grupo de mulleres marisqueiras Estrelas del Mar. Con elas, realiza actividades complementarias ao marisqueo para xerar ingresos. Tamén, como parte do colectivo, participou en diversos espazos posicionando as demandas do grupo. 

Xunto á súa comunidade loita pola defensa dos ‘playones’ e ‘esteros’ (de onde extraen os ‘curiles’) contra empresas de cría industrial do camarón que queren apoderarse dos seus espazos de recolección e establecer alí as súas lagoas. Como consecuencia desta defensa, Mariela sufriu ata ameazas de morte. “Non tiven pena nin medo a denunciar este problema ante DIGEPESCA e mostralo ao ministro de la SAG…eles, en conxunto con outras instancias do goberno, deben brindar máis apoio para a proteción destes sitios”, defende Mariela.  

Soy una mujer muy brava, una “catana” o “chinchá”, como se dice aquí. Cuando se trata de defender nuestros recursos allí estoy yo

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es