María Verónica Rodríguez

Verónica é lideresacomunitaria e, sobre todo, labrega. Desde 1999 forma parte da Asemblea de Socios de ADEPES, en representación dun dos pobos máis illados do municipio de Pespire, en San Antonio de Padua, que sufriu as consecuencias do furacán Mitch. Neste grupo, foi unha das poucas mulleres que ocupou postos de responsabilidade.

A defensa e o liderado están presentes en gran parte da súa vida e carreira:

  • Foi promotora agroecolóxica voluntaria, traballando con familias para desenvolver coñecementos baixo a metodoloxía campesiño a campesiño. Tamén conta cunha parcela agroecolóxica comunitaria demostrativa, unha horta con camas biointensivas e, ademais, unha iniciativa económica comunitaria de agro ferretería.
  • Participou en diversos procesos co Comité de Seguridade Alimentaria e Nutricional de Pespire e o Grupo Pespire por la Defensa de los Derechos Humanos. Algúns exemplos: Declaracións de Municipio Libre de Minería Metálica e Non Metálica e Municipio Libre de Zonas Exclusivas de Emprego e Desenvolvemento Económico.
  • É membro da Asociación Pespirense de Productores Agropecuarios Limitada (APRAL), , organización que realiza procesos de comercialización campesiña baixo o principio de economía social e solidaria.
  • É presidenta da Reserva Estratéxica Comunitaria de Grans e Sementes Básicas, unha organización comunitaria apoiada para asegurar a dispoñibilidade de alimentos básicos e a estabilidade de prezos nas comunidades durante períodos de escaseza e seca.
  • É membro do Consello Directivo de Caixa Rural de Aforro e Crédito, organización cun triplo propósito de obras sociais, aforro e xeración de ingresos.
  • Participa no Comité Organizador das Feiras Campesiñas promovidas por ADEPES en Pespire co obxectivo de dar acceso a medianos e pequenos produtores, de maneira organizada, á venda de alimentos producidos de maneira saudable directamente ao consumidor nun curto prazo local.
  • Actualmente, Verónica ocupa o cargo de Vogal I no Consello de Supervisión de ADEPES e participou na construción da política de xénero e outros instrumentos para garantir a igualdade.

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es