O proxecto

Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. é un proxecto realizado por Amigas da Terra Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia coa financiación de Cooperación Galega (Xunta de Galicia) que busca, da man de mulleres activistas e defensoras da vida e da terra hondureñas e galegas, dar a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos extractivistas en Honduras e Galicia e ofrecer alternativas sustentables para acadar outros camiños de produción e consumo.

O programa xira arredor das visitas de mulleres bravas hondureñas a Galicia. Nestas viaxes artéllanse encontros entre activistas dos dous lados do Atlántico e xéranse espazos de loita común nos que propoñer, aprender unhas doutras e arrincar un cambio de paradigma.

Para conseguir estes obxectivos, o proxecto artéllase ao redor de dúas liñas de acción:

1. Crear pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres

2. Difundir o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables de aseguramento da vida. Queremos que se compartan experiencias, pero tamén ser conscientes de que non é o mesmo a loita en países como Honduras que en Galicia.

Edicións

Edición I (2021-2022)

Esta primeira edición xirou arredor da visita de 5 mulleres bravas hondureñas a Galicia. Tres delas (Coralia, Adolfina e Yeni) viñeron a finais de marzo-principios de abril de 2022. As outras dúas (Francisca e Leny) en maio de 2022.

Edición II (2023-2024)

A segunda edición do programa propón a viaxe de 3 mulleres hondureñas a Galicia  para participar en espazos de encontro con plataformas e colectivos activistas de defensa do territorio e a economía social, e charlas en universidades. Como novidade desta fase, unha das activistas realizará unha estadía de longa duración,  convivindo con diferentes mulleres labregas galegas.

Novas

Encontro de mulleres bravas en Honduras

Encontro de mulleres bravas en Honduras

O pasado 7 de setembro, as Mulleres Bravas que nos últimos anos visitaron Galicia xuntáronse nun encontro en Honduras cheo de amor e coidados. Así narra a actividade Sandra, participante do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades...

Remata a xira galega das mulleres bravas de Honduras

Remata a xira galega das mulleres bravas de Honduras

Nos pasados 10 días, tivemos a sorte de contar en Galicia con Verónica Rodriguez e Mariela Burgos, contándonos a súa historia como mulleres bravas implicadas na defensa do seu territorio e medios de vida no sur de Honduras.

Amigas da terra
Rúa Bedoia, 5-2ºD, 32004, Ourense/ Rúa Velázquez Moreno, 9-2, 36201, Vigo
(+34) 988 37 43 18
info@amigasdaterra.net

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
(+34) 881 01 1479
info@galicia.isf.es