A labrega de Moropocay chegou onte a Galicia no marco do proxecto de Amigas da Terra e Enxeñeiras Sen Fronteiras que tende pontes entre defensoras da vida de Honduras e Galicia, e participará en actividades entre o 29 de setembro e o 4 de outubro.

Santiago, 29 de setembro de 2026. O proxecto Mulleres Bravas, impulsado por Enxeñería Sen Fronteiras, Amigas da Terra, co apoio da Cooperación Galega (Xunta de Galicia) e Agareso, dá comezo hoxe á axenda de outono da segunda visita a Galiza, protagonizada por Dilma Cruz Canales, labrega hondureña e integrante de APROEM. A súa estadía, que se prolongará ata o 20 de outubro, arrinca cunha primeira semana de encontros institucionais e universitarios, visitas a proxectos agrarios e científicos e actividades abertas á cidadanía.

A visita comeza esta mañá en Santiago de Compostela cunha reunión coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, e continúa pola tarde, ás 18.00 horas, cun paseo pola cidade.

O mércores 30, na Universidade da Coruña, terá lugar ás 12 horas un encontro coa Oficina de Cooperación e Voluntariado na Facultade de Socioloxía (1º andar, Sala de Reunións), e ás 16.00 horas Dilma Cruz participará nunha charla na materia de Xénero, Traballo e Coidados.

O xoves 1 de outubro, ás 18.30 horas, visitará a Misión Biolóxica de Galicia, en Pontevedra, nunha actividade que require inscrición previa.

O venres 2 de outubro pola mañá, a comitiva desprazarase a Milhulloa, en Palas de Rei. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, a Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela acollerá a mesa redonda "Partería e maternidade: unha viaxe entre culturas", organizada en colaboración con AGAM.

A fin de semana estará dedicada ao ecofeminismo e á memoria das mulleres. O sábado 3 celebraranse as Xornadas Ecofeminismo e decolonialidade, na que xa se esgotou o aforo. O domingo 4, a partir das 17.00 horas, a visita pecharase cun roteiro feminista pola cidade da Coruña.

A partir do día 5, Dilma participará en varios encontros con labregas integrantes do Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL).

Toda a información sobre o proxecto e as actividades está dispoñible en www.mulleresbravas.gal.

Axenda completa

29/09. Pola mañá. Reunión coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Santiago de Compostela)

29/09. 18h. Paseo por Compostela

30/09. 12h. Encontro coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Facultade de Socioloxía, 1º andar, Sala de Reunións

30/09. 16h. Charla na materia de Xénero, Traballo e Coidados (UDC)

01/10. 18:30h. Visita á Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra)
Inscrición previa

02/10. Pola mañá. Visita a Milhulloa (Palas de Rei)

02/10. 18h. Mesa redonda "Partería e maternidade: unha viaxe entre culturas", en colaboración con AGAM, na Casa Xohana Torres (Santiago de Compostela)

03/10. Xornadas Ecofeminismo e decolonialidade
Aforo completo

04/10. Desde as 17h. Roteiro feminista pola cidade da Coruña
Máis información nas redes

A partir do día 5, encontro con labregas do Sindicato Labrego Galego